




A costa de Galicia é moito máis que praias e paisaxes espectaculares: é cultura, tradición e un xeito de vida ligado ao mar desde hai séculos. Nesta experiencia única terás a oportunidade de coñecer de primeira man cómo traballan os mariñeiros dun barco de pesca sustenible, descubrindo as artes de pesca tradicionais que seguen vivas nas Rías Baixas.
Costa de Galicia: Descubre a pesca artesanal e a vida mariñeira
A bordo do barco Praia de Sanxenxo descubrirás unha pesca artesanal de pequena escala, respectuosa co ambiente e profundamente vinculada á economía local. Todo o produto despáchase no mesmo día, garantindo peixe 100 % fresco, con baixo consumo enerxético e mínimas emisións de CO₂, fomentando así un comercio xusto e sustenble na costa de Galicia.
A ría, o barco e un contorno natural único
A experiencia desenvólvese na espectacular Ría de Pontevedra, un dos enclaves máis emblemáticos da costa de Galicia. Nas súas orientacións conviven cidades cheas de vida como Pontevedra e localidades mariñeiras como Sanxenxo, Portonovo, Marín ou Bueu, ademais de praias míticas como A Lanzada, Silgar, Montalvo ou Areas.
O percorrido inclúe vistas privilexiadas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un auténtico santuario natural onde acantilados, dunas, fondos mariños e aves converten a paisaxe nun mosaico de biodiversidade. Destaca a impoñente Illa de Ons, xoia natural á entrada da ría, cargada de leiendas e riqueza ecolóxica.
O barco Praia de Sanxenxo, con máis de 20 anos de navegación, está capitaneado por Sauro Martínez, patrón maior da Confraría Santa Rosalía de Sanxenxo e herdeiro dunha tradición mariñeira de máis de catro xeracións. Ninguén mellor para mostrarte a esencia real da costa de Galicia desde o mar.
¿En costa de Galicia visítanse espazos naturais protexidos?
Si, navégase polo contorno do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a Ría de Pontevedra.
¿É unha actividade turística ou unha experiencia real de pesca?
É unha experiencia real a bordo dun barco de pesca artesanal na costa de Galicia, centrada na divulgación e a sustensibilidade.
¿Apréndese cómo chega o peixe do mar á mesa?
Si, coñecerás todo o proceso, desde as artes de pesca ata a comercialización do producto fresco.